Carlos Gende é un mozo que estudia en Vigo e unha das súas aficcións é o Beatbox, a arte de facer música coa boca. Ten colaborado co desaparecido grupo Presencia Zero e fálanos desta vertente musical emparentada con rap e que se reinvindica como o quinto píar do hip-hop. Trátase dunha técnica non moi abundante na Galiza pero que conta xa con gran tradición noutras culturas. Recentemente gañou o primeiro premio "3,2,1... click" convocado polo Concello de Vigo no que fixo unha interpretación libre do himno galego que se pode escoitar na páxina web do concurso. Na grabación non utilizou ningún instumento máis que a voz e o micrófono.